O SON QUE ME ARROLA, O DÍA 6 EN XANCEDA

Mér, 04/04/2018
O SON QUE ME ARROLA - MESIA 2018

O Son que me Arrola é unha proposta musical que ofrece a posibilidade de achegar aos máis pequenos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, rimas e a instrumentación.

O Son que me Arrola ofrece tamén a posibilidade dun espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión e outros realizados con materiais de refugallo.

Esta proposta ven da man da Asociación Antonio Gandoy quen imparte no concello a actividade espazos das familias todos os mércores pola mañá.

O concerto é e balde e poderán acudir todos os que queiran.

Idade: de 0-3 anos

Día: venres, 6 de abril ás 11:00 h.

Casa da Cultura de Xanceda