O TORNEO DE TENIS CONCELLO DE MESÍA 2015 XA TEN GAÑADORES

Lun, 31/08/2015
Final do Tonero de Tenis

Esta mañá xogáronse as tres finais do Torneo de Tenis Concello de Mesía 2015. Na categoría masculina, o gañador foi Mateo Fernández e como subcampión quedou Carlos Grela. A campioa na categoría feminina foi María Seoane, mentres que María José Blanco foi subcampioa. E na categoría de dobles, a victoria foi para Alex-Manuel, fronte a Carlos-Luis.

A competición, que se desenvolveu durante todo o mes de agosto, recuperou este ano as tres categorías, con 23 xogadores en total: 11 na masculina, 4 na feminina e 8 en dobles.

Gañadores e finalistas recibiron os correspondentes trofeos e bebidas de Coca-Cola, marca que patrocinou o torneo unha vez máis e que tamén puxo bebidas á disposición dos tenistas en todos os partidos.

Pode acceder ás imaxes das finais no facebook do departamento municipal de Deportes.