Noticias

Mar, 23/01/2024

O Concello de Mesía informa de que a Deputación Provincial da Coruña convocou as axudas PEL relativas á anualidade 2024:

> PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para a consolidación e o fortalecemento do tecido empresarial dos concellos de menos de 10.000 habitantes a a través do apoio ao investimento en bens inventariables.

> PEL-AUTÓNOM@S: Axudas ao fomento do emprendemento e ao traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.

PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas de concellos de menos de 20.000 habitantes.> PEL-PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas de concellos de menos de 20.000 habitantes.

> PEL-PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas de concellos de menos de 20.000 habitantes.

As bases das axudas PEL 2024 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia núm.11 do 15 de xaneiro de 2024. Na web do Plan de Emprego Local pode consultar a información actualizada das axudas PEL 2024, así como o documento preguntas frecuentes referido ás bases. PLAN DE EMPREGO LOCAL

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata as 14.00 horas do 22 de febreiro de 2024. As solicitudes, unha vez aberto o prazo, presentaranse de xeito telemático a través da plataforma SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/

Máis información en "Ler máis".

Mar, 16/01/2024

O Concello de Mesía informa de que a Xunta de Galicia publicou unha liña de axudas destinadas a particulares e comunidades veciñais para realizar actuacións para emendar os impactos paisaxísticos.

Poderán ser subvencionables obras de:
a) Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.
b) Remate, renovación e/ou substitución do acabado exterior de cubertas.
c) Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.

A subvención pode chegar ata o 70% do proxecto co límite máximo de 3.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 15/02/2024 ou ata que se esgote o presuposto.

Máis información en "Ler máis"

Lun, 15/01/2024
ITV Agrícolas 2024

A unidade móbil 3 de Inspección Técnica de vehículos Agrícolas prestará o servizo neste concello os días:

Días: 21, 22 e 23 de Febreiro 2024

Lugar: Aparcamento Piscina Municipal, sito en Mata, parroquia de Xanceda.

Horario: 09:00 a 13:30 horas e 15:15 a 18:00 horas.

Ven, 29/12/2023
TORNEOS SOLIDARIOS Fútbol sala - Concello de Mesía

Os Torneos solidarios desputados o 22 e 23 de decembro foron un exemplo da solidariedade no Concello de Mesía.
Recolléronse 687 € para a Asociación AMARAI no VI Torneo infantil e no XIII Torneo Mesía contra o cáncro 2023 recadáronse 2.182€  a favor da AECC na loita contra o cáncro.

GALERÍA DE IMAXES.

Ven, 29/12/2023

O CONCELLO DE MESÍA PROPORCIONARÁ, DE BALDE, COMPOSTEIROS E ASESORAMENTO PARA QUE, A VECIÑANZA QUE DISPÓN DUN PEQUENO TERREO, POIDA AUTOXESTIONAR OS RESIDUOS ORGÁNICOS QUE SE PRODUCEN NO FOGAR.

Os residuos orgánicos representan, aproximadamente, a metade dos residuos xerados nos fogares. A súa xestión supón un importante impacto, tanto a nivel medio ambiental como económico.

É por este motivo polo que, dende o Concello, anímase a toda aquela veciñanza que dispoña dun pequeno terreo, a autoxestionar os residuos orgánicos mediante a compostaxe doméstica. Grazas a ela, non só se reduce a pegada de carbono, senón que tamén se pon en valor un residuo, obtendo como resultado de forma sinxela un excelente abono.

Para beneficiarse da iniciativa simplemente hai que anotarse no concello (de forma presencial ou a través da web no enlace https://mesia.rsu.gal/ ). Unha vez completado o rexistro, organizarase unha xornada formativa na que se fará a entrega de todo o material necesario. A iniciativa tamén incluirá un seguimento ao longo do ano 2024.

Esta iniciativa conta coa financiación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Máis información en "Ler máis".

Xov, 21/12/2023
DEPORTE ABERTO NO NADAL 2023 - Concello de Mesía

Novidade no Nadal con xornadas de entretemento, de fomento e de coñecemento das actividades físicas e deportivas municipais que realizamos dende o Concello de Mesía.

Abriremos as portas das nosas clases para toda a xente que queira probar, e os que asistides con normalidade xa. Vir con algún detalle ou motivo navideño ao pavillíon de Olas.

Idades: Para maiores de 12 anos, adultos e maiores.

Inscricións: Quen queira probar só ten avisar ata 2 días antes  no teléfono  699 453 750.  (Mínimo 10 persoas  por actividade.)

Xov, 21/12/2023

O Concello de Mesía publica as puntuacións provisionais obtidas  polos/as participantes do proceso de selección de mestre da especialidade nivel 1 do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo VI.

Máis información en "Ler máis".

Mér, 20/12/2023
XIII TORNEO MESÍA CONTRA O CÁNCRO 2023

Publicamos xa os cadros de competición, asi coma o cartel do Torneo contra o cáncro onde figuran os patrocinadores: Carpintería Ramón García, Erimsa, Campo SL. Así coma empresas e asociacións colaboradoras.

No Torneo infantil teremos 10 equipos, que xogarán na tarde do venres 22 de 15h a 20h, e no senior 9 equipos que xogarán o sábado 23 de 11:00h  a 19:30h.

Animamos ó público a acudir ao Pavillón de Olas para apoiar nestas causas solidarias co coste da entrada 2 € e compra voluntaria de rifas, a favor da AECC e AMARAI.

As furnas atoparanse xa o día 22 nesta instalación.

Mér, 20/12/2023
CONCILIA XOVE - Concello de Mesía

Actividade dirixida a  rapazes/as de 14 a 16 anos.

Trátase de pasar unhas vacacións facendo actividades novidosas á vez que interesantes, e nas que exploraredes: a vosa creatividade, o sentido do ritmo, e enfrentedes a posibilidade de defendervos  dos pequenos riscos do día a día.

As actividades propostas son: Baile moderno, grafiti, primeiros auxilios e defensa persoal.

Lugar : Brañas da Valga de Visantoña.

Días: 2, 3 e 4 de xaneiro.

Prezo: 10€, as tres actividades.

Inscrición: ata o 27 de decembro. Mandar un  correo a casadacultura@concellodemesia.gal coa folla de inscrición adxuntada nesta nova. (en ler máis)

Mér, 20/12/2023

O Concello de Mesía publica as puntuacións obtidas na entrevista polos/as participantes do proceso de selección de mestre da especialidade nivel 1 do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo VI.

Máis información en "Ler máis".

Páxinas