O TORNEO INTERPARROQUIAL DE FÚTBOL CONCELLO DE MESÍA XÓGASE ESTA FIN DE SEMANA

Mér, 12/07/2017
IP CONCELLO DE MESÍA 2017

O TORNEO INTERPARROQUIAL DE FÚTBOL CONCELLO DE MESÍA 2017 contará con nove equipos participantes de diversas parroquias.

No cadro de competición vemos que o sábado 15 xogarán as categorías Mini e Base (5-12 anos). Mesía, Visantoña e AlMeXan conforman este grupo.

O domingo 16 a mañán mediranse aos Maxi (13-16 anos); final directa Cumbraos contra Mesía.

Tamén o domingo, pero a partir das 16:00 será o turno dos Senior, co Olas, Visantoña e Mesía.

A parroquia que presenta máis equipos é a de Mesía, con participantes en todas as categorías.