O TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA 'MESÍA CONTRA O CANCRO' RECADA 2.777 EUROS A FAVOR DA AECC DA CORUÑA

Dom, 28/12/2014

O torneo solidario de fútbol sala 'Mesía contra o cancro', disputado hoxe no polideportivo municipal en Olas, conseguiu recadar 2.777 euros en favor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na Coruña. A súa presidenta, Elena Viturro, xunto coa responsable da AECC en Ordes, Emilia Vázquez, recolleron a doazón ao final da xornada, de mans do alcalde de Mesía, Mariano Iglesias.

O Concello de Mesía agradece a colaboración dos equipos participantes, e dos veciños e veciñas do municipio e do resto da comarca, as asociacións e as empresas que colaboraron para que este evento solidario, que chegou á súa sétima edición, volvese ser un éxito.

O torneo acadou este ano unha nova marca de equipos participantes. O equipo de 'Castro' gañou na competición masculina e o equipo 'As Trouts' venceu na competición feminina'.

O torneo, que durante toda a xornada foi contemplado por varios centos de espectadores, sorteou tres lotes de produtos navideños, doados por Casa Grande de Xanceda, Casa Zapateiro e Supermercados Gadis. Estas son só tres das firmas que colaboraron. Xunto con Carpintería Ramón García como patrocinador, tamén apoiaron: Coca-Cola, Restaurante Manteiga, Mármoles y Granitos Órdenes, Asociación Cultural Bolvoreta, García e Barreiro-Xanceda, Asociación de Amigos da Capela da Nosa Señora de Arxán, Banco Santander (Visantoña), Café Bar Mosquera, Pensos J.M. Abellón Blanco (Bascoi), Estanco Bascoi, Asociación de Veciños de Santiago de Bascoi, Asociación de Amas de Casa de Mesía, Carpintería Martín, Asociación de Mulleres Santa María de Cumbraos, Farmacia de Xanceda, O Mesón de Visantoña, Asociación Cultural Escola de Música Tradicional de Mesía, Asociación Cultural Bieito Fandiño, Fertilizantes e Cereais Darío Fernández Vales, Supermercado Claudio Mesía, Erimsa, Asociación Cultural e Deportiva de Olas, Asociación Cultural Moita Leria, Taberna do Pico, Panadería Pérez, Ferraxería Escrabilleiro, Serradoiro José Lino Bermúdez Sueiro, Perruquería Franc-Pi, Construcións Velube, Cerámica Campo Brick, Asociación de Veciños de Cabrui, Ferraxería A Calzada, Deportes Capitán, Euro Frut, Café Bar O Cruceiro e Supermercado Tandy.

Galería de imaxes: