O TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA 'MESÍA CONTRA O CANCRO' RECADA 2.945 EUROS A FAVOR DA AECC

Dom, 27/12/2015

A oitava edición do Torneo Solidario de Fútbol Sala 'Mesía contra o cancro' recadou hoxe 2.945 euros a beneficio da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC). Son achegas de veciños e veciñas, empresas, asociacións e deportistas de Mesía e da contorna. A responsable da AECC en Ordes, Emilia Vázquez, recibiu o diñeiro de mans do alcalde de Mesía, Mariano Iglesias.

O Concello de Mesía agradece a colaboración dos equipos participantes, da veciñanza e das asociacións e empresas que colaboraron para que esta oitava edición do evento solidario fose un éxito.

A nivel deportivo, xogaron trece equipos durante toda a xornada. Na competición masculina, o campión foi o Poulo B, que derrotou a Grupo Ramón García. Na final feminina, o Abellá venceu a Artabras de Fene. Ao longo da xornada, achegáronse centos de espectadores a ver os sucesivos encontros e a colaborar coa causa solidaria.

I Torneo Intantil de Fútbol Sala Mesía Solidaria
Na xornada de onte, tamén no pavillón polideportivo municipal en Olas, celebrouse a primeira edición do Torneo Infantil de Fútbol Sala Mesía Solidaria. Estoutra proposta solidaria recolleu case 200 quilos de alimentos para Cáritas e 205 euros a favor da asociación de persoas con discapacidade Amarai, con sede en Boimorto.

Neste torneo, o equipo Dream Team foi o campión infantil contra o Mesía on fire. Na categoría dos máis pequenos, o gañador foi o equipo de Visantoña.

Máis imaxes dos dous torneos no facebook da área de Deportes do Concello de Mesía.

Galería de imaxes: 
Entrega recadación VIII Mesía contra o cancro
I Torneo Infantil de Fútbol Sala Mesía Solidaria