O X TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA 'MESÍA CONTRA O CANCRO' RECADA 3.178 EUROS A FAVOR DA AECC

Lun, 01/01/2018
X TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA 'MESÍA CONTRA O CANCRO'

A décima edición do Torneo Solidario de Fútbol Sala 'Mesía contra o cancro' recadou o 30 de decembro 3.178 euros a beneficio da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC). Son achegas de veciños e veciñas, empresas, asociacións e deportistas de Mesía e da contorna. As responsables da AECC en Ordes, recibiron os cartos de mans do alcalde de Mesía, Mariano Iglesias e o Concelleiro de deportes.

O Concello de Mesía agradece a colaboración dos equipos participantes, da veciñanza e das asociacións e empresas que colaboraron para que esta xa décima edición do evento solidario fose un éxito.

A nivel deportivo, xogaron trece equipos durante toda a xornada. Na competición masculina, o campión foi o Abacco, que derrotou ao Olas. Na final feminina, o Pastoriza venceu ao Abellá FC. Ao longo da xornada, achegáronse centos de espectadores a ver os sucesivos encontros e a colaborar coa causa solidaria.

III Torneo Intantil de Fútbol Sala Mesía Solidaria
Na xornada do 29, tamén no pavillón polideportivo municipal en Olas, celebrouse a terceira edición do Torneo Infantil de Fútbol Sala Mesía Solidaria. Estoutra proposta solidaria recolleu case 150 quilos de alimentos para Cáritas e 250 euros a favor da asociación de persoas con discapacidade Amarai, con sede en Boimorto.

Neste torneo, o equipo Ramón García foi o campión infantil contra o JOgafan Ordes FS. Na categoría dos máis pequenos, o gañador foi o equipo de Albixán, cotra o Mesía Junior. Tamén xogaron un amigable os nenos cos de Amarai.

Máis imaxes dos dous torneos no facebook da área de Deportes do Concello de Mesía.

Galería de imaxes: 
Xogo no X TORNEO MESÍA CONTRA O CÁNCRO 2017
PASTORIZA TRENCAS CAMPIOAS DO X TORNEO MESÍA CONTRA O CÁNCRO 2017
ABACCO CAMPIÓNS DO X TORNEO MESÍA CONTRA O CÁNCRO 2017
Xogo no III TORNEO INFANTIL MESÍA SOLIDARIA 2017
Xogo no III TORNEO INFANTIL MESÍA SOLIDARIA 2017
Participantes no III TORNEO INFANTIL MESÍA SOLIDARIA 2017
Empresas colaboradoras X TORNEO MESÍA CONTRA O CÁNCRO 2017