O XI TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA 'MESÍA CONTRA O CANCRO' RECADA 3.069 EUROS A FAVOR DA AECC

Mér, 02/01/2019
XI TORNEO DE FÚTBOL SALA "MESÍA CONTRA O CÁNCRO"

A undécima edición do Torneo Solidario de Fútbol Sala 'Mesía contra o cancro' recadou o  29 de decembro 3.069 euros a beneficio da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC). Son achegas de veciños e veciñas, empresas, asociacións e deportistas de Mesía e da contorna. As responsables da AECC en Ordes, recibiron os cartos de mans do alcalde de Mesía, Mariano Iglesias e do Concelleiro de deportes.

O Concello de Mesía da a noraboa a tod@s e as grazas a equipos participantes, os patrocinadores Erimsa e Carpintería Ramón García, e as 26 empresas e 6 asociacións colaboradoras, tamén a voluntarias e veciñ@s do Concello de Mesía.
A nivel deportivo participaron 13 equipos, e os resultados foron, en Categoría feminina: 1º Sporting Uxes, 2º Concello de Mesía. En categoría masculina: 1º Relájate y disfruta, 2º Atl. Frades, semifinalistas Olas e Dinamo de Kiev. Tamén participaron na liga: Mesía, Mesía promesas, Darim, Darim B, Cantineros FC, Retuerto, Taberna Pontecastro.

IV Torneo Intantil de Fútbol Sala Mesía Solidaria
Na xornada do 28, tamén no pavillón polideportivo municipal en Olas, celebrouse a cuarta edición do Torneo Infantil de Fútbol Sala Mesía Solidaria. Estoutra proposta solidaria recolleu mais de 100 quilos de alimentos para Cáritas e 200 euros a favor da asociación de persoas con discapacidade Amarai, con sede en Boimorto.

Neste torneo, a clasificación en Maxi foi: 1º Albixán, 2º Mesía. Nos Base 1º Visantia e 2º Jogafán Ordes. Tamén xogamos un amigable cos de Amarai.
Agradecementos a colaboradores Amarai, Cáritas e FROITERIA A NOVA.

ÁLBUM IV TORNEO INFANTIL       E     ÁLBUM DO XI TORNEO CONTRA O CÁNCRO

Galería de imaxes: 
XI TORNEO DE FÚTBOL SALA "MESÍA CONTRA O CÁNCRO"
XI TORNEO DE FÚTBOL SALA "MESÍA CONTRA O CÁNCRO" ENTREGA CESTA CASA GRANDE DE XANCEDA
XI TORNEO DE FÚTBOL SALA "MESÍA CONTRA O CÁNCRO" ENTREGA CESTA CASA ZAPATEIRO
IV TORNEO INFANTIL MESIA SOLIDARIO
IV TORNEO INFANTIL MESIA SOLIDARIO
IV TORNEO INFANTIL MESIA SOLIDARIO ´- DOAZÓN A CÁRITAS 2018
IV TORNEO INFANTIL MESIA SOLIDARIO ´- DOAZÓN A AMARAI 2018