OBRADOIRO DE EMPREGO BRAÑAS DO ILLO-RÍO SAMO

Xov, 13/09/2018

iXov, 13/09/2018

O Concello de Mesía informa de que está aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de emprego Brañas do Illó-Río Samo. Este obradoiro é promovido polo Concello de Ordes en el colaboramos os Concellos de Frades e Mesía. O dito obradorio será subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

 

Será un obradoiro dual pois combinará un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses cun contrato en prácticas, de cómo mínimo tres meses máis, nunha empresa situada dentro do ámbito municipal e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro.

 

Neste obradoiro participarán un total de 20 alumnos-traballadores e as especialidades que se impartirán son:

-Repoboación forestal e tratamentos silvícolas

-Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

 

Os destinatarios serán persoas maiores de 18 anos desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego, que carezcan de ocupación remunerada e estean disponibles para o emprego, sempre que poidan subscribir contrato de formación durante toda a duración do obradoiro.

 

Na selección terán preferencia, en xeral, as persoas beneficiarias da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA); mulleres; vítimas da violencia de xénero; menores de 30 anos; traballadores que esgotaran as prestacións ou subsidios por desemprego; parados de longa duración; maiores de 45 anos; persoas sen titulación universitaria ou de FP de grao superior; e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social

 

Todas aquelas persoas interesadas en participar deben ir, o máis axiña posible, á Oficina de Emprego de Ordes e comunicar que están interesados en participar no dito obradoiro de emprego.

 

Este aviso é tanto para alumnado como para persoal directivo, docente e de apoio.

 

Para calquera cuestión sobre o dito obradoiro poden informarse no Concello o una propia Ofician de Emprego.