OBRADOIRO DE EMPREGO GARANTÍA XUVENIL MANCOMUNIDADE DE ORDES

Mar, 06/07/2021
GARANTIA XUVENIL


O Concello de Mesía informa de que está aberto o prazo de inscricón para participar no "Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil Mancomunidade de Ordes".

Este obradoiro é promovido pola Mancomunidade de Ordes e nel colaboran os concellos da Comarca de Ordes, entre os que está o Concello de Mesía.

Será un obradoiro cun contrato de formación e aprendizaxe durante doce meses e no que se impartirán as seguintes especialidades:
- Fábricas de albanelería. Nivel 1.
- Traballos de carpintería e mobles. Nivel 2.


Nel participarán 16 alumnos/as-traballadores/as que cumpran os seguintes requisitos:
- Persoas mozas con idade entre os 18 e os 30 anos.
- Que estean inscritas e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Que poidan subscribir un contrato de formación durante todo o período do obradoiro.

Todas aquelas persoas interesadas teñen que darse de alta no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no caso de non estar xa, e ir, o máis axiña posible, á Oficina de Emprego de Ordes e comunicar que están interesadas en participar no dito obradoiro.

Este aviso é tanto para o alumnado como para o persoal directivo, docente e de apoio o cal debe estar inscrito como demandante de emprego  na Oficina de Emprego, carecendo de ocupación remunerada e estar dispoñible para o emprego.

Para máis información poden chamar ao Concello de Mesía (telf. 981687001), no Servizo de Emprego da Mancomunidade de Ordes (telf. 981680679) ou na propia Oficina de Emprego de Ordes.