Obradoiro de Emprego "O Fogar da Montaña"

Lun, 04/07/2016

O Concello de Sobrado en calidade de promotor xunto cos concellos de Mesía, Curtis, Boimorto, Vilasantar e Toques vai desenvolver un novo obradoiro de emprego (só para persoas desempregadas maiores de 18 anos) financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

As especialidades que se van impartir son:

Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.

Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Duracion do obradoiro: 6 meses

O obradoiro comezará próximamente.

Para poder inscribirse é imprescindible e moi urxente anotarse como/a desempregado/a na Oficina de Emprego (INEM) de Ordes, especificando en dita oficina que é para o Obradoiro de Emprego denominado O Fogar da Montaña.

Estas actuacións, ademais de promover a colaboración entre os concellos, apostan pola eficiencia e a optimización do investimento público e ofrecen aos seus participantes unha formación de calidade, xa que os alumnos, unha vez rematados os obradoiros, reciben un certificado de profesionalidade de validez para todo o territorio nacional.