OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO "BRAÑAS DO ILLÓ-RÍO SAMO V". ANO 2022

Xov, 11/08/2022
OBRADOIRO ORDES FRADES MESIA

O Concello de Mesía informa de que a Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Coruña aprobou o obradoiro dual de emprego "Brañas do Illó-Río Samo V" do que Mesía forma parte cos concellos de Ordes (promotor) e Frades.

Será un obradoiro dual cun contrato de formación e aprendizaxe durante doce meses e no que se poderá optar a un contrato ao final do obradoiro nunha empresa do sector forestal, de tres meses máis.

As especialidades que se impartirán son:
- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Nivel 1.
- Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. Nivel 2.

Todas aquelas persoas interesadas en participar na selección de persoal directivo, docente e de apoio deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia para ditas ofertas ou vincularse a dita oferta a través do portal de emprego da Xunta de Galicia (emprego.xunta.gal) tendo como data límite ata o sábado día 13 de agosto de 2022.

Todas aquelas persoas interesadas en participar como alumnado-traballador deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitado neste último caso os obradoiros duais de emprego, tendo como data límite ata o xoves 1 de setembro de 2022.

PARA PODER ACUDIR Á OFICINA DE EMPREGO  DE ORDES DEBERÁN PEDIR CITA PREVIA A TRAVÉS DE CALQUERA DE ESTOS MEDIOS:
NOS NÚMEROS DE TELÉFONO: 012 ou calquera teléfono da oficina de emprego de Ordes (881 960 455/456/458).
A TRAVÉS DA PÁXINA WEB: http://emprego.xunta.gal  OU A TRAVÉS DA APLICACIÓN : MOBEM.

Adxúntanse as bases aprobadas para o proceso selectivo do persoal e dos alumnos-traballadores do dito obradoiro.

Máis información chamando ao Concello de Mesía ao 981687001 ou aos Concellos de Ordes e Frades ou á Oficina de Emprego de Ordes.