OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO BRAÑAS DO ILLO - RIO SAMO VII. BASES
Mér, 09/10/2024
O Concello de Mesía informa de que a Xefatura Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña aprobou o obradoiro dual de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VII" do que Mesía forma parte cos concellos de Ordes (promotor) e Frades.
Será un obradoiro dual cun contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses e no que se poderá optar a un contrato ao final do obradoiro nunha empresa do sector forestal, de tres meses máis.
As ESPECIALIDADES que se impartirán son: -Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Nivel 1. - Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centro de xardinaría. Nivel 1.
Todas aquelas persoas interesadas en participar como alumnado-traballador deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitado neste último caso os obradoiros duais de emprego, tendo como DATA LÍMITE O 18 DE OUTUBRO DE 2024, inclusive.
PARA PODER ACUDIR Á OFICINA DE EMPREGO DE ORDES DEBERÁN PEDIR CITA PREVIA A TRAVÉS DO NÚMERO DE TELÉFONO: 981900643 OU A TRAVÉS DA PÁXINA WEB: emprego.xunta.es/citasepe/
Poden consultar as bases de selección do alumnado no documento anexado.
Máis información chamando ao Concello de Mesía ao 981687001 ou aos concellos de Ordes e Frades ou á Oficina de Emprego de Ordes.
O Concello de Mesía informa de que a Xefatura Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña aprobou o obradoiro dual de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VII" do que Mesía forma parte cos concellos de Ordes (promotor) e Frades.
Será un obradoiro dual cun contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses e no que se poderá optar a un contrato ao final do obradoiro nunha empresa do sector forestal, de tres meses máis.
As ESPECIALIDADES que se impartirán son:
- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Nivel 1.
- Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centro de xardinaría. Nivel 1.