OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO BRAÑAS DO ILLO - RIO SAMO VIII

Ven, 24/04/2026

O Concello de Mesía informa de que a Xefatura Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de da Coruña aprobou o obradoiro dual de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VIII" do que Mesía forma parte cos concellos de Ordes (promotor) e Frades.

Será un obradoiro dual cun contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses e no que se poderá optar a un contrato ao final do obradoiro nunha empresa do sector da construción e/ou xardinería, de tres meses máis.

As ESPECIALIDADES que se impartirán son:
- AGAO0108: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.
- EOCB0109: Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construcción.



Todas aquelas persoas interesadas en participar como alumnado-traballador deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitado neste último caso os obradoiros duais de emprego, tendo como DATA LÍMITE O 6 DE MAIO DE 2026, inclusive.

PARA PODER ACUDIR Á OFICINA DE EMPREGO  DE ORDES DEBERÁN PEDIR CITA PREVIA A TRAVÉS DO NÚMERO DE TELÉFONO: 981900643 OU A TRAVÉS DA PÁXINA WEB: emprego.xunta.es/citaprevia/  

Máis información chamando ao Concello de Mesía ao 981687001 ou aos concellos de Ordes e Frades ou á Oficina de Emprego de Ordes.