OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO "MANCOMUNIDADE DE ORDES II". ANO 2022

Xov, 11/08/2022

O Concello de Mesía informa de que a Xefatura Provincial da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade de A Coruña aprobou o obradoiro dual de emprego "Mancomunidade de Ordes II" do que Mesía forma parte.

As especialidades que se van a impartir son:
1) INSTALACIÓN DE PLACA DE XESO LAMINADO E FALSOS TEITOS (EOCJ0110), nivel 2, con 10 alumnos/as.
2) MONTAXE E INSTALACIÓN DE CONSTRUCIÓNS DE MADEIRA (MAMB0210), nivel 2, con 10 alumnos/as.

O programa terá unha duración de 12 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as.

O dito obradoiro está dirixido a persoas desempregadas da Mancomunidade de Ordes, maiores de 18 anos, que cumpran os requisitos de acceso para os certificados de nivel 2.

A solicitude de participación pode realizarse de xeito telemático a través da Oficina Virtual de Emprego de Galicia ou presencilamente na Oficina de Emprego de Ordes antes do 31 de agosto do actual.

Adxúntanse as bases aprobadas para o proceso de selección de persoal e alumnos - traballadores do dito obradoiro.

Máis información chamando a Mancomunidade de Ordes, 981680679, ou ao Concello de Mesía, 981687001.