OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO "REACTIVA I OZA-CESURAS COIROS E MESIA" ANO 2022
Xov, 11/08/2022
O Concello de Mesía informa de que a Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Coruña aprobou o obradoiro dual de emprego "Reactiva I Oza-Cesuras, Coiros e Mesía" do que Mesía forma parte cos concellos de Oza-Cesuras (promotor) e Coirós.
Será un obradoiro dual cun contrato de formación e aprendizaxe durante doce meses.
As especialidades que se impartirán son: - ATENCIÓN SÓCIÓSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS. Nivel 2 - ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES. Nivel 1.
Todas aquelas persoas interesadas en participar como alumnado-traballador deberán ter 18 anos e estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitado neste último caso os obradoiros duais de emprego, coas claves e códigos concretos dos obradoiros, e tamén deberian apuntarse ca clave de ocupación relacionada co emprego. Prazo para anotarse na Oficina de Emprego de Ordes ata o 31 de agosto do actual.
Unha vez estean aprobadas as bases do proceso de selección do dito obradoiro, publicaranse na web.
Máis información chamando ao Concello de Mesía ao 981687001.
O Concello de Mesía informa de que a Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Coruña aprobou o obradoiro dual de emprego "Reactiva I Oza-Cesuras, Coiros e Mesía" do que Mesía forma parte cos concellos de Oza-Cesuras (promotor) e Coirós.
Será un obradoiro dual cun contrato de formación e aprendizaxe durante doce meses.
As especialidades que se impartirán son:
- ATENCIÓN SÓCIÓSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS. Nivel 2
- ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES. Nivel 1.