OFERTA PRAZAS XUVENÍS_PROGRAMA CAMPAÑA VERÁN 2021

Mér, 19/05/2021


O Concello de Mesía informa que a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado publicou hoxe, 19.05.2021, a Orde do 10 de maio de 2021 pola que se regula a OFERTA PRAZAS XUVENÍS dentro do Programa Campaña de Verán 2021 e se procede á súa convocatoria.

Poden participar nas actividades ofertadas todas aquelas persoas mozas residentes en Galicia que naceran entre os anos 2003 e 2012, ambos inclusive, é dicir, de 9 a 17 anos. As persoas nacidas no ano 2003 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento, e as persoas nacidas no ano 2012 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.

As actividades que se realizará nos campamentos serán de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial.

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro.



A participación na oferta da Campaña de verán 2021 realizarase mediante solicitude individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás). Esta solicitude múltiple só se poderá empregar no caso de persoas que pidan idéntica instalación, quenda e actividade (mesmo código).

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES será do 20.05.2021 ao 28.05.2021, ambos os dous inclusive.

Máis información na documentación adxunta ou chamando ao concello ao 981687001.