OFERTAS PRAZAS XUVENÍS_CAMPAÑA VERAN 2023_XUNTA DE GALICIA

Mar, 18/04/2023


O Concello de Mesía informa que a Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado publicou onte, 17.04.2023, a ORDE do 29 de marzo de 2023 pola que se regula a oferta de prazas para actividades xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2023 e se procede á súa convocatoria. 


As actividades que se realizarán nos campamentos serán de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial. As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro. 

Poderán solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas residentes en Galicia nacidas entre o 2005 e o 2014, ambos inclusive, é dicir, de 9 a 17 anos. As persoas nacidas no ano 2014 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento e as persoas nacidas no ano 2005 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Códigos dos procedementos para o buscador da Sede (segundo o tipo de solictude):
ANEXO II -Solicitude individual. Procedemento xeral: CÓDIGO BS303A
ANEXO III- Solicitude múltiple. Procedemento xeral: CÓDIGO BS303F
ANEXO IV-Solicitude individual. Procedemento de prazas reservadas para inclusión: CÓDIGO BS303G
ANEXO V- Solicitude múltiple. Procedemento de prazas reservadas para inlcuisión: CÓDIGO BS303H.

O prazo de presentación de solicitudes: desde o 18 de abril ata o 2 de maio.

A información sobre a convocatoria desta campaña atoparase detallada na páxina web xuventude.xunta.es

Máis información no seguinte documento ou chamando ao 981687001.