OS MAIORES DE MESÍA CELEBRAN A SÚA FESTA ANUAL

Sáb, 02/05/2015

Hoxe celebrouse a Festa da Terceira Idade 2015 do Concello de Mesía. Máis de 500 maiores do municipio acudiron ao seu encontro anual, organizado polo Concello. Para acudir ao polideportivo municipal en Xanceda, que como xa é costume volveu acoller a celebración, todas as persoas interesadas contaron co habitual servizo de transporte en autobús, con paradas dos vehículos nas diferentes parroquias.

A festa comezou a partir do mediodía, cunha misa. Ás dúas pasouse ao xantar, con empanada, polbo e carne asada con patacas e verduras. De postre, amorodos con nata e larpeira para todos. 

 Ata as sete da tarde, aínda quedou tempo para música e o baile, do que se encargaron a Escola de Música Tradicional de Mesía e un dúo musical, con senllas actuacións.

Estas son as imaxes da celebración:

 

Galería de imaxes: