OS VECIÑOS DE MESÍA DISFRUTAN DA EXCURSIÓN AO BIERZO

Sáb, 18/10/2014

Hoxe tivo lugar a excursión á comarca leonesa do Bierzo organizada polo Concello de Mesía. Numerosos veciños e veciñas participaron na viaxe, na que puideron coñecer Villafranca del Bierzo, capital histórica da comarca, unha adega e un museo etnográfico.

Desde as oito da mañá, os autobuses recolleron os excursionistas polas distintas parroquias do municipio. Tras unha parada no camiño para almorzar, arredor das once da mañá xa estaban en Villafranca, onde tiveron tempo libre para pasear pola localidade e coñecela. 

Ás doce e media comezou a visita á adega 'Alberto Ledo', da Denominación de Orixe Bierzo. Os excursionistas recibiron información sobre o tipo de uva e o procedemento que utilizan para elaborar os viños e participaron tamén nunha cata.

Tras o xantar no restaurante A Palloza de Balboa, a viaxe dirixiuse ao museo 'Casa de las Gentes', onde puideron ver distintos elementos do patrimonio etnográfico propio da comarca berciana. Foi a última visita da excursión, antes de encamiñarse de volta a Mesía.