PINTEMOS UN NOVO ANO! PARA O NOSO CALENDARIO 2021

Ven, 06/11/2020
PINTEMOS UN NOVO ANO! CONCELLO DE MESIA 2021

Este ano foi moi diferente en moitos sentidos e tamén duro; e o vindeiro querémolo encher de cores e debuxos. Queremos que vós, os nen@s e rapazada pintedes o futuro, o ano 2021. Axudádesnos???

Aquí tedes o cartel e as bases para achegarnos debuxos que elixiremos para imprimir os calendarios do ano próximo.

Estaremos inmensamente agradecidos pola vosa colaboración e como agasallo teredes unha entrada para o cine (para cando se poida ir) só por participar, e aos gañadores ademais a satisfacción de que o seu debuxo forme parte das vidas das persoas que viven en Mesía.

Podedes participar dende infantil a xuvenil...

Os debuxos poderedes mandalos por correo a  casadacultura@concellodemesia.gal , co nome, curso e teléfono do participante. Só se pedirán os orixinais daqueles que sexan seleccionados.

O prazo rematará o luns 16 de novembro.  Apurade!!

Galería de imaxes: 
BASES PINTEMOS UN NOVO ANO