PLAN DE EMERXENCIA ANTE A SECA: PARTICIPA!

Mar, 08/06/2021
PLAN DE EMERXENCIA ANTE A SECA Concello de Mesía

Invitamos a colaborar na elaboración do PLAN MUNICIPAL DE EMERXENCIA E XESTIÓN DO RISCO DE SECA do Concello de  Mesía.

Este PLAN comprenderá as accións a desenvolver en caso de que se produzan situacións de escaseza de auga e a participación de todas as partes implicadas é importante para determinar as mellores solucións para cada escenario.

A participación xa pode realizarse de xeito telemático a través do sitio web: http://planemerxenciaseca.gal, ata o domingo 13 de xuño.

A seca é un fenómeno global que se produce cando a dispoñibilidade da auga é menor do habitual.

O obxecto do plan de seca é servir coma ferramenta que complemente a planificación estatal e autonómica na materia a unha escala de detalle centrada no termo municipal para que dende unha perspectiva de xestión preventiva se mellore o sistema de abastecemento, se determine a vulnerabilidadedeste e se minimicen os efectos negativos que poidan producir os escenarios de seca, nun contexto de cambio climático.

O plan de seca servirá tamén para abordar aqueles aspectos da xestión ordinaria que servirán para anticipar as posibles continxencias con un traballo de prevención e adaptación en períodos de normalidade climática.

Esperamos contar coa súa participación nos TALLERES PARTICIPATIVOS:

PROGRAMAS:

Índice Taller 1

1.- Sesión 0: Presentación e diagnóstico.

2.- Sesión 1: Avaliar as capacidades, o grao de coñecemento e sensibilidade social.

3.- Sesión 2: Identificación de debilidades.

4.- Sesión 3: Identificación e caracterización preliminar de medidas e fortalezas.

5.- Sesión 4: Exposición pública e enquisa de avaliación.

Índice Taller 2

Sesión 0 (XERAL): Presentación.

TALLER 2.1.- Identificación de zonas, poboacións e actividades vulnerables.

TALLER 2.2.- Definición de medidas para cada escenario.

 

CONTACTO PARA DÚBIDAS E INFORMACIÓN ADICIONAL

Teléfono­_ 981 910 128

E-mail_ flinq@flinq.es