PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS MUNICIPAIS 2023-2024
Sáb, 25/05/2024
Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia
O Concello de Mesía recibiu unha axuda económica cofinanciada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para a execución do proxecto denominado "Camiño en Mata-Xanceda da AC-524 a AC-223 e outro", co fin de continuas cos traballos de acceso a parcelas agrícolas, obras encamiñadas á mellora da rede viaria existente no medio rural, facilitando así a accesibilidade e vertebración do territorio e contribuíndo ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias e nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado.