PLAN RENOVE FIESTRAS 2017

Xov, 02/02/2017
PLAN RENOVE FIESTRAS 2017

O Concello de Mesía informa que a Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia número 21, de data 31.01.2017, a convocatoria para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan Renove de Fiestras.  

Pode consultar a dita orde CLICKANDO AQUÍ

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 1 de marzo e finalizará o 29 de setembro de 2017 agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

Para máis información chamen ao concello ao teléfono 981 687 001 ao departamento de Emprego e promoción económica.