PLAN ÚNICO DE CONCELLOS POS+2025 DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Dom, 21/12/2025

O Concello de Mesía informa que a Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) "POS+2025" financiou:

1. A realización de dúas obras:
Aglomerado da AC-223 (Visantoña) a Soutelo (Olas), cun importe de 319.757,30 €,  aportando o concello un total de 4.315,67 €,
Mellora viario en Zamón e outro, cun importe total de 96.956,65 €. 

2. Os gastos correntes por un importe total de 209.207,29 €.

3. Os gastos sociais extraordinarios (gastos correntes), ao abeiro do POS+Adicional 1/2025, cun importe de 64.943,87 €.

4. A realización de tres obras ao abeiro do POS+Adicional 2/2025:
Mellora de viario nas Calles, cun importe total de 113.737,05 €,
Senda no lugar de Albixoi, cun importe total de 67.868,73 €,
Ensanche do viario da N-634 á A Igrexa (Albixoi), cun importe total de 41.084,13 €.

5. Os gastos correntes ao abeiro do POS+Adicional 3/2025 por un importe total de 111.332,34 €.
 

Máis información sobre o Plan Único de Concellos POS+ á Mesía no seguinte enlace: https://plan-unico.dacoruna.gal/mesia/