AS PRAZAS NOS CAMPAMENTOS DE VERÁN DA XUNTA PÓDENSE SOLICITAR ATA O 8 DE ABRIL

Mar, 24/03/2015

O Concello de Mesía informa de que a Xunta convoca hoxe no Diario Oficial de Galicia as prazas da súa Campaña de Verán 2015.

Os campamentos xuvenís poden solicitarse ata o 8 de abril por vía telemática. Hai oferta en instalacións das catro provincias galegas e tamén prazas de intercambio con outras autonomías. Para obter toda a información, cómpre consultar o folleto promocional.

Outra das opcións xa convocadas na campaña xuvenil de verán son as actividades para quen conte con entre 18 e 30 anos, que se poden reservar nos teléfonos da dirección xeral de Xuventude a partir deste 25 de marzo. Toda a información está dispoñible tamén no correspondente folleto promocional