PRESENTAMOS AS ACTIVIDADES MUNICIPAIS CONCELLO DE MESIA 2020 - 2021

Mér, 30/09/2020
ACTIVIDADES MUNICIPAIS CONCELLO DE MESIA 2020 21

Unha vez comezada a escola e asentándonos no ritmo da mesma: xa podemos presentarvos as actividades deportivas e culturais para este curso 2020 - 2021.

O prazo de inscricións será do 1 ao 8 de outubro, para ver se formamos os grupos propostos. (Necesario cumplir con este prazo para formar grupos, senon xa non empezaremos algunhas actividades que non cumplan os mínimos.)

Comezaremos as Actividades e Escolas a semana do 13 de outubro 2020 e rematarán en maio/xuño 2021. Avisaremos se algunha actividade NON empezara.

Neste curso contamos tamén con actividades para nenos/as, pasando por xuventude, adultos e maiores:

  •    As escolas municipais infantís serán: Escola de baile e música galega, iniciación a patinaxe, patinaxe medianos, patinaxe artístico, baile e multideporte, ximnasia rítmica, e tamén preescolar, pintura, informática e inglés en varios grupos.
  •    As actividades de xuventude, adultos e maiores: ximnasia de mantemento, pilates, aerobicZumba, ximnasia terapéutica, ximnasia de maiores, tempo fora maiores, informática básica, escola de baile e música galega, e pintura.
  •   Tamén haberá actividades puntuais, cursos de formación e saídas que se informarán puntualmente nesta web ou no facebook Concello Mesia.

NOVIDADES:

Aprendemos a xogar (gratuita, nos recreos por grupos), e Grupo de sendeirismo INCLUSIVO.

IMPORTANTE:

Debido a época na que vivimos, guiaremos polas MEDIDAS HIXIENICO-SANITARIAS contra a COVID-19 actualizandoas se sufren modificacións ao longo do curso.

OBRIGADO USO MÁSCARA, TOMA TEMPERATURA  E DESINFECCIÓN NA ENTRADA ACTIVIDADES. (Ver PROTOCOLO)

 

A continuación adxuntamos os documentos en diversos formatos: un díptico resumo horarios, máis información por actividades, a folla de inscrición, e o Protocolo das actividades deportivas de seguridade pola Covid-19: