PRESENTAMOS O "1º CIRCUITO SAUDABLE" DENTRO DO PROGRAMA "MÓVETE MESIA"
Ven, 22/01/2021
Presentamos este CIRCUITO SAUDABLE coma unha das alternativas deportivas e de saúde que estamos poñendo en marcha ante a nova normalidade que nos toca vivir: facer exercicio en zonas exteriores do concello para ir pola vosa conta a movervos con sentidiño.
Dentro deste Programa "MÓVETE MESIA" tamén instalaremos ao longo do ano otros circuitos saudables (nestes casos na Ponte Carballa (Olas), e en Xanceda), así coma estamos elaborando Rutas Saudables noutras parroquias do concello.
O 1º CIRCUITO SAUDABLE nas Brañas da Valga en Visantoña ten paneis explicativos que vos guiarán cun plano do percorrido, cas recomendacións a seguir e cos puntos onde parar a facer exercicios físicos de forza, de flexibilidade e de resistencia.
A saída do Circuito é dende o Museo para logo ir rodeando os 800 metros da lagoa.
Recomendamos facelo acompañados as primeiras veces e chamar se tedes dúbidas a Elena; técnica deportiva municipal.

Adxuntamos imaxes deste circuito. A MOVERSE!!