PRETO DE 150 PATINADORES NA III GALA INTERMUNICIPAL DE PATINAXE ULLA-TAMBRE, NO POLIDEPORTIVO DE OLAS

Sáb, 09/05/2015

Hoxe celebrouse no polideportivo municipal en Olas a terceira edición da Gala Intermunicipal de Patinaxe da comarca Ulla-Tambre. No evento participaron uns 140 patinadores e patinadoras das escolas deportivas municipais de sete Concellos: Boimorto, Cerceda, Frades, Melide, Mesía, O Pino e Toques. Máis de 200 persoas presenciaron as diferentes exhibicións ao longo da tarde desde as gradas das instalacións deportivas. 

Os participantes, de entre catro e quince anos, amosaron as súas habilidades sobre os patíns. Os obxectivos desta xuntanza son crear hábitos de vida saudables, fomentando a actividade física no tempo libre; que os rapaces e as rapazas poida coñecer outros coa mesma afección pola patinaxe; amosar as actividades sobre rodas adquiridas ao longo do curso escolar; e sobre todo pasar unha tarde divertida.

A concelleira de Educación, Cultura, Muller e Xuventude do Concello de Mesía, Pilar Sánchez, presenciou a gala e entregoulles aos patinadores e as patinadoras cadansúa medalla, como recordo da súa participación.

A Gala da Patinaxe estivo organizada polo Concello de Mesía, coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e Deporte Galego a través do programa Xogade. 

Estas son as imaxes da xornada, que se poden ver ampliadas facendo clic sobre cada unha delas:

 

Galería de imaxes: