PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS ANO 2022

Mar, 11/10/2022

O Concello de Mesía informa de que está aberto o prazo para solicitar a participación no PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS do ano 2022 da Xunta de Galicia.

EN QUE CONSISTE?
En estadías de 10 días en réxime de pensión completa (aloxamento, almorzo, comida e cea) a escoller entre 15 balnearios de Galicia en varias quendas, nos meses de novembro e decembro do 2022.

A QUEN VAI DIRIXIDO?
Se vostede ten cumpridos os 60 anos de idade ou ten máis de 55 e é pensionista; pode acollerse ó programa de BENESTAR EN BALNEARIOS PARA PERSOAS MAIORES.

A ONDE PODEMOS IR?
Modalidade Termal (todo incluído): Acuña, Arnoia, Augas Santas, Baños da Brea, Baños de Molgas, Caldas de Reis, O Carballiño, Carballo, Termas de Cuntis, Laias, Lobios, Brión,  Río Pambre, Termas de Lugo e Balneario de Mondariz.

CANDO REMATA O PRAZO?
Para as quendas de novembro e decembro, o prazo de solicitude é do 10 o 24 de outubro de 2022.

ONDE SE PODE SOLICITAR?
As solicitudes poden facelas nos Servicios Sociais do Concello  de Mesía.

Para máis información ver a documentación adxunta ou chamar ó teléfono 981.68.72.38 (Servizos Sociais).