PROGRAMA BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS

Xov, 10/08/2017
PROGRAMA BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS

O Concello de Mesía informa de que a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia publicou, no DOG núm. 144, do 31.07.2017, a convocatoria do Programa do bono das persoas autónomas para o ano 2017  pola que se poderá conceder unha subvención de ata 3.000 euros para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias da dita convocatoria.

Prazo de presentación: Do 01.08.2017 ao 31.08.2017, ambos os dous inclusive.

Orde: ORDE do 11 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Axuda:

Unha subvención, mediante pago anticipado, de ata 3.000 euros para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias da dita orde.

Esta axuda destinarase a sufragar os gastos nos seguintes servizos:

Profesionalización: servizos de mellora da xestión financeira e busca de financiamento, servizos de optimización de procesos de produción e cadea loxística, relanzamento comercial, imaxe e comunicación e posicionamento web.

Desenvolvemento estratéxico: plan de mellora empresarial, marketing, redefinición do modelo de negocio e identificación de socios e redes de cooperación.

Tamén se poderá ter en consideración calquera outro servizo ou actividade non incluído nos parágrafos anteriores que poida ser considerado de maneira inaudible como dirixido á mellora da competitividade.

Beneficiarios:

Persoas traballadoras autónomas que residan e teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan una antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF, anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVA incluído, declarados no año anterior ao da convocatoria.

Quedan excluídos desta orden: a) Os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas que non teñan a condición de traballadores por conta allea conforme ao establecido no artigo 1.3.e) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro. b) Os traballadores economicamente dependentes a que se refire o capítulo III do título II de la Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.

Condicións:

Permanecer de alta no RETA durante un tempo mínimo de dous anos dende a solicitude de subvención, salvo cese por causas alleas á súa vontade, o que deberá acreditar de maneira fidedigna.