PROGRAMA DE ACTIVIDADES MUNICIPAIS VERAN 2022

Lun, 20/06/2022


O Concello de Mesía presenta a súa programación de actividades para este verán.

Campamanto XOECON, escolas e campus infantís, xuvenís e para adultos, con diversas actividades deportivas (natación, tenis, ximnasia , pilates, aquagym) e cursos de formación (pintura, tablets e informática adultos e rapaces/zas).

Tamén faremos saídas de sendeirismo, asi como programamos o Camiño de Santiago por etapas.

Toda a información sobre as actividades está recollida no PROGRAMA DE ACTIVIDADES que adxuntamos no anexo.

A folla de inscrición pode entregarse na Casa da Cultura, no Concello ou por mail a casadacultura@concellodemesia.gal.

Inscricións do 20 o 29 de xuño para as Escolas de Verán.

Lembrade estar atentos/as á páxina web e ao facebook do concello pois haberá actuacións e actividades que non están incluídas nesta programación e que se realizarán ao longo dos meses do verán.