PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA MAIORES DO IMSERSO

Ven, 09/07/2021

O Concello de Mesía informa de que está aberto o prazo para solicitar o Programa de vacacións para maiores do IMSERSO.

QUEN PODE SOLICITALO?

Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de xubilación con 65 anos cumpridos.
- Ser pensionista de viuvez con 55 anos cumpridos.
- Outros pensionistas e prexubilados con 60 anos cumpridos.

Pode ir acompañado do seu cónxuxe ou dun fillo con discapacidade (minusvalía superior ao 45%).

DESTINOS?
- Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana.
- Baleares.
- Canarias.
- Turismo de interior: Circuítos culturais, Turismo de natureza, Capitais de provincia, Ceuta e Melilla.

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES?
O prazo rematará o 30.07.2021.

MÁIS INFORMACIÓN E LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE?

Para máis información poden dirixirse aos Servizos sociais do Concello de Mesía ou chamar ao 981687238.