PROGRAMA DO NADAL 2020 CONCELLO DE MESÍA

Ven, 11/12/2020
NADAL 2020 CONCELLO DE MESÍA

Presentamos as actividades e eventos para este Nadal no Concello de Mesía.

19 decembro - COCIÑANDO NO NADAL EN LIÑA (Adultos)

21 decembro - CIRCO no CPI Xanceda

22 decembro - PAXE REAL nas unitarias de Visantoña e Olas.

27 decembro - DEPORTE SOLIDARIO: Andaina e circuito Saudable (recadación para AECC e CÁRITAS para familias necesitadas do concello)

28, 29 e 30 - CAMPAMENTO CONCILIA NO NADAL (presencial e En liña)

28 decembro - COCIÑANDO NO NADAL EN LIÑA (nenos/as)

4 xaneiro - O TREN DOS REIS: Os Reis achegaranse por todas as parroquias para ver ao aire libre aos nenos e nenas do Concello de Mesía por seguridade ante a Covid-19 e para non acumular xente en cada parada xa que Melchor, Gaspar e Baltasar levarán sorpresas para cada neno/a inscrito/a.

Ademáis xa que non podemos ir de excursión con seguridade este ano, regalamos as entradas para ir PATINAR SOBRE XEO en Área central a empadroados. Destinatarios/as: Rapazada de 4 ata os 18 anos.

Atención a inscricións e prazos.

Tamén lembramos que mentres están suspendidas as actividades físicas  presenciais, estamos facendo dende a casa, movéndonos EN LIÑA!! Tamén no Nadal!

O alcalde, toda a corporación do Concello de Mesía e os/as traballadores/as municipais deséxanlles Bo Nadal e un Feliz Aninovo 2021.

Galería de imaxes: 
NADAL 2020 CONCELLO DE MESÍA
NADAL 2020 CONCELLO DE MESÍA