PROGRAMA ENREDANDO

Mar, 27/08/2019
ENREDANDO MESÍA

Este curso è organizado polo CIM da Mancomunidade de Ordes e farase un en cada concello da Mancomunidade. O curso consta de varios módulos sobre aspectos sociais e laborais. 

Os módulos serán os seguintes:

-O que nos rodea: habilidades sociais, afectividade, autocoñecemento, xestión de emocións

-O mundo dixital: uso de internet, cultura dixital, certificados dixitais, uso do teléfono móbil

- As habilidades: habilidades prelaborais, entrevistas de traballo, presentación, interacción en grupo. Incluiranse actividades artísticas para realizar accións terapéuticas.

- As ferramentas dixitais: aplicacións para a procura de traballo

Temporalización: No mes de setembro realizaranse as sete edicións do mesmo curso, unha por cada un dos sete concellos que integran a Mancomunidade de Ordes. En Mesía terá lugar do 12 ó 27 de setembro de 10:00 a 13:00 H.

 Persoas participantes: Mulleres, o número mínimo de prazas é de 8 en cada concello por orde de inscrición.

Para inscribirse: No Concello de Mesía 981687001 ext.3 ou 981687238 (SS. Sociais)