PROGRAMA "MONTAÑA EN FAMILIA"

Mar, 02/11/2021

O Concello de Mesía informa de que a Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 209, do 29/10/2021, a Orde do 27 de outubro de 2021 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para estadías de fin de semana a famlias de especial consideración dentro do programa Montaña en familia na estación de montaña de Manzaneda para o ano 2021.

Convócanse 600 prazas (individuais) para participar en estadías de fin de semana durante as fins de semana do mes de novembro e as dúas primeiras do mes de decembro. As estadías comprenden dende o venres pola noite ata o domingo ao mediodía. 

A estadía inclúe: aloxamento en apartamento deste 4 prazas con supletoria, servizo de comedor en réxime de pensión completa e programa de actividades da estación.


Son familias beneficiarias deste programa as familias numerosas, as familias monoparentais, as familias acolledoras e as familias vítimas de violencia de xénero  que residan na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Consellería de Política Social contribuirá ao financiamento do prezo da estadía coa achega de 50 euros por praza.

As solicitudes presentaranse ata o 15 de novembro de 2021 telematicamente pola sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Máis información na propia convocatoria ou chamando ao concello ao 981687001.