PROGRAMA "XUNTOS POLO NADAL"

Ven, 29/10/2021



O Concello de Mesía informa de que a Xunta de Galicia convoca o Programa "Xuntos polo Nadal", dirixido a persoas maiores de 60 anos que se atopen soas durante o Nadal.

O programa terá lugar do 22 de decembro do 2021 ata o 7 de xaneiro de 2022 en dúas quendas de 8 días cada unha e realizarase na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra).

As persoas participantes asistirán de forma gratuíta ao programa.

O prazo de solicitudes para participar no dito programa remata o 15 de novembro do actual.

Máis información na folleto adxunto ou chamando ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Mesía.