Noticias

Mér, 16/04/2025

Prazo para a presentación de solicitudes de preinscrición de prazas para o PAI "Os Camiños" para o curso 2025-2026:

- Nenos/as que xa estiveron  neste curso e queiran renovar a praza para o vindeiro curso, farase na primeira quincena de maio (do 1 ao 15 de maio, ambos inclusive).

- Nenos/as que acudan por primeira vez, o prazo de preinscrición para a nova matrícula será na primeira quincena de xuño (do 1 ao 15 de xuño, ambos inclusive).

Máis información en "Ler máis"

Mér, 18/12/2024


Actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal para os anos 2023-2024, cofinanciado polo Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU



O Concello de Mesía recibiu unha axuda económica financiada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostinibilidade e Cambio Climático da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, do Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e de fondos do Mecanismo de recuperación e resilencia da Unión Europea, para a execución do proxecto denominado "Actuacións de formación, difusión e seguimento e subministración de materiais do Programa de Compostaxa Domiciliaria no Concello de Mesía 2023-2024", co fin de implementar a recollida separada de biorresiduos así como a compostaxe in situ por parte das entidades locais municipais, en concreto, a separación e reciclaxe en orixe de biorresiduos mediante a súa compostaxe doméstica.

Xov, 12/12/2024

O Concello de Mesía publica o acordo de concesión de axudas relativa á convocatoria das axudas para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2024/2025 e que ademais serve de notificación aos/ás beneficiarios/as conforme á base oitava da dita convocatoria.

Máis informacion en "Ler máis".

Xov, 05/12/2024

O Concello de Mesía publica a lista provisional das solicitudes admitidas e excluídas relativa á convocatoria das axudas para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2024/2025, extracto publicado no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 186 do 26/09/2024. Ábrese un prazo de dous días hábiles, ata o 10/12/2024, inclusive, para a presentación de alegacións que estimen oportunas.

Máis información en "Ler máis".

Mér, 27/11/2024


O Concello de Mesía informa que a Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) "POS+2024" e "POS+Adicional 1/2024", financiou:

- a realización de dúas obras: Pista en Seble e outro e Reforzo de firme en pista xeral en Bascoi (A Fraga-Recelle) cun importe de 176.032,83 €, ao abeiro do POS+2024, aportando o concello un total de 13.235,95 €. 
- gastos correntes, ao abeiro do POS+2024, cun importe total de 226.989,70 €.
- gastos sociais extraordinarios (gastos correntes), ao abeiro do POS+Adicional 1/2024, cun importe de 64.854,20 €.

Máis información en "Ler máis".

 

Xov, 21/11/2024

O Concello de Mesía publica as puntuacións totais definitivas obtidas polos/as participantes do proceso de selección de alumnado-traballador do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo VII.

Máis información en "Ler máis".

Lun, 18/11/2024

O Concello de Mesía informa de que a Deputación Provincial da Coruña ao abeiro do Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais do ano 2024 financiou o gasto do persoal do departamento de Servizos Sociais (administrativa e educadora familiar) e do persoal auxiliar de SAF libre concorrencia no exercicio 2024 cunha subvención total de 111.400,00 €.  

Máis información en "Ler máis"

Xov, 14/11/2024

O Concello de Mesía informa que a Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar actividades de envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada no ano 2024, subvenciona o Proxecto Envellecemento Activo Mesía 2024 cunha axuda de 6.733,71 € para a realización de actividades de prevención do deterioro físico, do deterioro mental e estimulación cognitiva e para o fomento da saúde e da calidade de vida dos nosos maiores.

Máis información en "Ler máis".

Mar, 22/10/2024

O Concello de Mesía informa que a Mancomunidade dos Municipios de Ordes vai realizar o  OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “MANCOMUNIDADE ORDES IV” dirixido a persoas desempregadas da Mancomunidade de Ordes, maiores de 18 anos, e que cumpran os requisitos para o acceso para os certificados de nivel 2. As especialidades que se impartirán son:
- EOCB0311 PINTURA INDUSTRIAL EN CONSTRUCCIÓN
- MAMS0108 INSTALACIÓN DE ELEMENTOS DE CARPINTERÍA

A SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN pode realizarse de modo telemático a través da oficina de emprego de Galicia ou presencialmente na Oficina de Emprego de Ordes ANTES DO DÍA 28 DE OUTUBRO.

Máis información en:
Mancomunidade de Municipios Comarca de Ordes
Rúa Xoxardo, s/n (Bajos de la Alameda)
15680 - Ordes - A Coruña
Tlf: 981 680 002

Mér, 09/10/2024


O Concello de Mesía informa de que a Xefatura Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de da Coruña aprobou o obradoiro dual de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VII" do que Mesía forma parte cos concellos de Ordes (promotor) e Frades.

Será un obradoiro dual cun contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses e no que se poderá optar a un contrato ao final do obradoiro nunha empresa do sector forestal e/ou xardinería, de tres meses máis.


As ESPECIALIDADES que se impartirán son:
- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Nivel 1.
- Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centro de xardinaría. Nivel 1.


Todas aquelas persoas interesadas en participar como alumnado-traballador deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitado neste último caso os obradoiros duais de emprego, tendo como DATA LÍMITE O 18 DE OUTUBRO DE 2024, inclusive.

PARA PODER ACUDIR Á OFICINA DE EMPREGO  DE ORDES DEBERÁN PEDIR CITA PREVIA A TRAVÉS DO NÚMERO DE TELÉFONO: 981900643 OU A TRAVÉS DA PÁXINA WEB: emprego.xunta.es/citasepe/  

Máis información en "Ler máis".

Páxinas