RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL

Xov, 28/11/2019

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia publicou, no DOG número 226 do 27 de novembro de 2019, a Orde do 15 de novembro de 2019 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2020 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80% polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (código de procedemento TR305A).

 

OBXECTO

Avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación nas unidades competencias para as seguintes cualificacións profesionais:

a) Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2)

b) Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2)

c) Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2)

d) Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2)

e) Docencia da formación para o emprego (SSC448_3)

f) Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2)

g) Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2)

h) Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2).

i) Vixiancia e seguridade privada (SEA029_2)

k) Instrución en ioga (AFD616_3)

l) Servizos para o control de pragas (SEA028_2)

 

REQUISITOS:

- Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.

- Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar:

    Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos dez anos.

    Formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos dez anos.

- Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial, ordinario ou modular, ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.

- Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/s de competencia que solicita.

- Non estar inscrito noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicita.

 

SOLICITUDES E PRAZO

As inscricións remitiranse ao Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral no modelo que figura no Anexo III da dita orde coa documentación que se especifica no seu artigo 7.

O prazo de inscrición rematará o 27 de decembro de 2019.

 

PUNTOS DE INFORMACIÓN

Nesta convocatoria, a información e orientación necesaria para aquelas persoas que queiran participar no procedemento será facilitada nos seguintes puntos:

No Instituto Galego de Cualificacións.
Na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña.
Na Oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia.
Nos centros propios de Formación Profesional para o Emprego.


Para máis información chamen ao concello ao teléfono 981 687 001 en horario de 08.00 a 15.00 horas.