Renovación do DNIe

Mér, 06/11/2019

O equipo móbil da Policía Nacional prestará como de costume o servizo de renovación e expedición por primeira vez do DNIe no concello de Ordes dende o 27 de novembro ata o 5 de decembro.

Atención ao público en horario de mañá na Casa da Cultura.

Todos aqueles que queiran expedir por primeira vez ou renovar o seu DNIe xa poden solicitar cita previa no mesmo Concello de Ordes ou ben chamando ao teléfono 981 680 002.