Renuncia oficial ao parque eólico "A Pobra" de 52MW.

Ven, 04/05/2018

A empresa Green Capital Power, S.L, presentou ante a Delegación do Goberno de A Coruña, Área de Industria e Enexía a renuncia oficial a continuar cos trámites do proxecto Parque Eólico “ A Pobra” de 52 MW, ubicado no termos municipais de Mesía, Cesuras e Abegondo e que se atopaba en fase de estudo e avaliación de impacto ambiental e demais normativa sectorial de aplicación.

Dende o concello de Mesía transmitiuselle á empresa promotora que non se permitirá que a seguridade dos veciños, a conservación do patrimonio e a preservación do medio ambiente se poñan en situación de risco. Un concello no que o sector agrogandeiro representa o seu piar fundamental, non se aceptará que o impacto negativo desta actividade empresarial co detrimento da base territorial das nosas granxas poñan en perigo o futuro da vida no rural.