RETO XOGO: VICHELOS ENTROIDEIROS??

Mar, 02/02/2021
VICHELOS ENTROIDEIROS?? - Concello de Mesia 2021

O Concello de Mesía presenta a segunda actividade do Entroido 2021 para facer desde as casas. Animádevos a participar para Correr o entroido en Mesia!!

O RETO CONSISTE en conseguir as 12 fotos con cada “entroideiro” que estarán percorrendo as 12 parroquias do concello a partir do venres 5 de febreiro.

Como os atopamos?  PASOS A SEGUIR:

1.º  PREGUNTAS: Teredes que estar atentos ás preguntas publicadas no facebook do 5 ao 15 de febreiro. (Atención!: poden ser dúas no mesmo día!).

2º  RESPOSTAS:  Teredes que responder por wasap ata ás 17:00 horas dese día.

3º PISTA: Ó recibir a resposta correcta, esa tarde, enviámosvos a pista que vos levará a ubicación do entroideiro.

4º FOTO: Localizádeo e facédevos unha foto con él. Se vós non ides ó lugar, podedes mandar a foto con outra persoa que vola envíe a vos (a foto co “entroideiro” pode sacala calquera persoa pero non se pode repetir, isto é, non pode unha persoa facer fotos para varios concursantes.)

5º  DESAPARECERÁ EN 2 DÍAS: Procurade facelo o antes posible pois o entroideiro desaparecerá dese lugar en dous días.

6º  EXTRA COMODÍN: Todos teredes a opción dun Comodín. Se non podedes achegarvos a facer unha das fotos, podedes solicitarnos o Comodín tras contestar correctamente a pregunta.

CÓMO PARTICIPAR: 

Inscribirvos enviando ata o día 5 de febreiro por wassap.
Teléfono: 699 453 750

QUEN CONSIGA SUPERAR O RETO RECIBIRÁ UN AGASALLO: 

Tras enviarnos as 12 fotos que vos propoñemos cos entroideiros, recibiredes a invitación para recoller o agasallo especial de “CORRÍN O ENTROIDO EN MESIA”.

 

Podedes ver as Bases do Reto Xogo no arquivo adxunto.