AS REUNIÓNS QUEDAN LIMITADAS A UN MÁXIMO DE 5 PERSOAS EN GALICIA. ÉSTA E OUTRAS MEDIDAS QUE NOS AFECTAN DESDE HOXE E EN 14 DÍAS

Xov, 22/10/2020
BANDO NOVAS RESTRICCIÓNS 22 OCT 2020

Galicia entrou hoxe, xoves 22 de outubro, no nivel 2 de restricións atendendo á evolución da COVID-19.
A Xunta de Galicia decretou novas medidas que estarán vixentes desde hoxe e durante 14 dias.
A resolución do Diario Oficial de Galicia (de 21 outubro 2020) indica, entre outras, as seguintes restriccións:

✅Límite de 5 persoas para as reunións. Esta normativa non se aplicará no caso de persoas conviventes. Tampouco será aplicable esta limitación  no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e de centros ocupacionais, así como na práctica de deporte federado.

✅ Aforamento en comercios, restauración e lugares de culto limitado ao 50% da súa capacidade total.

✅Queda restrinxido o consumo en barra. Os aforos en bares, cafeterías e restaurantes estará limitado ao 50% no interior e ao 75% nas terrazas en exterior.

✅ O aforo nas vodas será de 100 persoas para celebracións en exterior e 50 en interior.

✅A capacidade máxima nos velorios será de 25 persoas en exterior e de 10 en interior.

✅ No caso de eventos deportivos, o aforo restrínxese a 150 persoas para celebracións en exterior e 60 en interior.

✅ Prohibido as festas e verbenas.

✅Parques e zonas deportivas ao aire libre: poden estar abertos sempre que se respecte a capacidade máxima estimada dunha persoa por cada 4 m2.

Ás persoas maiores de 75 anos e ás persoas vulnerables á COVID-19 recoméndaselles que eviten na súa actividade diaria as saídas nas horas de previsible afluencia ou concentración de persoas na vía pública e en espazos ou establecementos abertos ao público.

Clica aquí para ter acceso ao documento.