SAÍDA DO CONCELLO DE MESÍA PARA IR AO TEATRO

Mér, 29/04/2015

A pasada noite tivo lugar a saída 'Imos ao teatro', programada polo Concello de Mesía dentro das súas actividades conmemorativas do Día da Muller. Participaron nesta actividade trinta e unha persoas, que se desprazaron en autobús.

A saída permitiulles ver a obra teatral 'El nombre' no Teatro Colón da Coruña. É unha comedia que ten como intérpretes a Amparo Larrañaga e Antonio Melero, entre outros. Despois do espectáculo teatral, houbo un tempo de ocio en locais da zona.

Pode compartir a noticia: