SÁIDAS AO BALNEARIO DE BRIÓN BEN APROVEITADAS

Lun, 15/05/2017
BALNEARIO MESIA 2017

Corenta persoas do Concello de Mesía aproveitaron o Programa Deporte e Saúde nas catro saídas ao Balneario de Brión durante Abril e Maio.

O Concello subvencionou o autobús e parte das entradas para estas xornadas de saúde no Club Termal, que contou con piscinas de chorros, contracorrientes, camas de burbullas, jacuzzi, dúas saunas, un baño de vapor, ducha bitérmica e de aromas, escarcha de xeo aromatizada, sala de relax con mármores quentes, circuito circulatorio de piernas e zona de repouso.

Agardamos voltar en Outubro, en Setembro serán as novas inscricións.