AS SAÍDAS AO CINE, PATIN XEO E XUVENLUGO MOVERON A 200 VECIÑ@S DE MESÍA

Mér, 04/01/2017
XUVENLUGO MESIA 2016

200 veciñ@s do Concello de Mesía desfrutaron das saídas programadas para o Nadal 2016: ao Cine e Patín xeo no Marineda en Decembro, e Parque Xuvenlugo o 3 de xaneiro.

Familias enteiras e amigos do Concello aproveitaron as saídas municipais para moverse no Nadal.

A saída a A Coruña acudiron a patinar na pista de xeo do Marineda city durante a mañán, despois de xantar acudiron a ver unha película ao cine. Por outra banda acudiron a Lugo ao Parque de atraccións de feira Xuvenlugo, durante toda unha tarde.

Aqui tedes algunha imaxe das saídas.

Galería de imaxes: 
SAIDA CINE MESIA 2016
PATIN XEO MESIA 2016