SOLIDARIDADE, SAÍDAS, DIVERSIÓN E OBRADOIROS PARA O NADAL NO CONCELLO DE MESÍA

Xov, 24/11/2016
PATIN XEO 2015 MESIA

Presentamos actividades para todos os gustos neste Nadal 2016 no Concello de Mesía.

Teremos cuberto todo o Nadal con visitas do Paxe Real e os Reis, saídas a patinar sobre xeo e a Xuvenlugo, Xuntanza de Nadal, Torneos solidarios de fútbol sala infantil e adultos, xornadas de cachibol, e Obradoiros de Fimo e conservas.

As inscricións están xa abertas na Casa da Cultura e no Concello.

Poden verse as actividades e datas pinchando no Boletín de Nadal 2016.

BO NADAL!