SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN PARA ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

Mar, 03/04/2018
AXUDAS DEPUTACIÓN ESAL - MESIA 2018

O Concello de Mesía informa de que a Deputación Provincial da Coruña publicou o día 22.03.2018, no Boletín Oficial da Provincia núm. 56, as bases reguladoras das convocatorias de subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para o ano 2018 e o día 03.04.2018, no Boletín Oficial da Provincia núm. 62, a apertura do prazo de presentación de solicitude das seguintes convocatorias:

- Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades culturais durante o ano 2018 (FO203).

- Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2018 (FO204).

O prazo de solicitude das axudas ao abeiro das ditas convocatorias comeza o 04.04.2018 e rematará ás 14.00 horas do día 27.04.2018.

 

MÁIS INFORMACIÓN CLICANDO AQUÍ.