SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS

Mér, 14/04/2021


O Concello de Mesía informa de que o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou, no DOG núm.  68, do 13.04.2021, a Resolución do 29 de maroz de 2021 oiola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, e se establece a súa convocatoria para o ano 2021.

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a corrección de impactos paisaxísticos de conformidade cos valores paisaxísticos recollidos no Catálogo das paisaxes de Galicia sensibilizando e fomentando a colaboración cidadá para realizar diversas actuacións que eviten deteriorar o carácter ou a calidade da paisaxe de Galicia.


Poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións:
- Tratamento de paredes medianeiras vistas, mediante cobertura con materiais de revestimento, pintado ou tratamento vexetal
- Revestimento e pintado de fachadas actuamente rematadas en ladrillo cerámico ou bloque de formigón sen revestir
- Renovación do acabametno exterior das fachadas de edificación
- Remate exterior de cubertas realizadas con pranchas de fibrocemento, mediante a instalación ben de tella cerámica, ben de lousa, en función do material tradicional da comarca
- Acondicionamento e mellora de peches de predios de gran dimensión (altura superior a 1,50 metros) mediante a substitución de muros opacos por solucións diáfanas ou sebes vexetais
- Revestimento de muros de cerramento de predios realizados con bloques de formigón, con fábrica de pedra semellante á cachotaría tradicional
- Substitución de celosías e outros tipos semellantes de pezas prefabricadas de cerámica ou de formigón, en cerramentos de predios, por solucións diáfanas ou sebes vexetais.

As actuacións adaptadas aos criterios da Guía de cor e materiais de Galicia e da Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística de valados.

O importe da subvención será do 70% do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes comeza hoxe 14.04.2021 e remata o 31.05.2021 ou ata que se esgote o orzamento da convocatoria.

Máis información na propia convocatoria ou chamando ao concello ao 981687001.