SUBVENCIONS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS

Xov, 19/01/2023



O Concello de Mesía informa de que o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou, no DOG núm.  11, do 17.01.2023, RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, e se establece a súa convocatoria para o ano 2023.

O importe da subvención será do 70 % do orzamento do investimento subvencionable (orzamento aceptado polo Instituto de Estudos do Territorio tendo en conta o valor de mercado), co límite máximo de 3.000 € por solicitante e ben.


Poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións:
a) Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.
b) Remate, renovación e/o substitución do acabamento exterior de cubertas.
c) Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. 

prazo de presentación de solicitudes remata o 17.02.2023 ou ata que se esgote o orzamento da convocatoria.

Máis información na propia convocatoria ou chamando ao concello ao 981687001.